Monday 29 de April de 2024

Medio Ambiente e o Ceida colaborán na organización case medio centenar de actividades para superar neste ano os máis de 50.000 usuarios actuais


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou na reunión da Comisión Executiva do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá a colaboración que o seu departamento e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) establecerán ao longo deste ano, que permitirá organizar case medio centenar de actividades e accións para os usuarios deste centro ambiental de referencia na Comunidade en educación ambinetal, que na actualidade achéganse aos 50.000.

A conselleira de Medio Ambiente participou esta mañá na reunión da Comisión Executiva do Ceida, onde abordou os resultados relativos ao exercicio de 2018 e se revisou a programación para este ano. A conselleira destacou que co plan de traballo previsto para o ano 2019 dará continuidade ao labor desenvolvido en 2018, co fin de que o Ceida manteña o seu papel de referente, como o foi para as preto de 50.000 persoas que participaron en 2018 nas 440 actividades formativas, divulgativas e de educación ambiental, incluíndo exposicións.

Así, Ángeles Vázquez salientou que o departamento que dirixe destina en 2019 un orzamento de case 100.000 euros, que permitiran promover e organizar actividades que redunden nunha maior concienciación sobre o lixo mariño e a compostaxe.

Defendeu o papel do Ceida como un instrumento para a promoción e divulgación da educación ambiental en todos os sectores e tamén como ferramenta para o intercambio do coñecemento científico.